{"id":1491,"date":"2025-03-26T12:12:08","date_gmt":"2025-03-26T11:12:08","guid":{"rendered":"https:\/\/carballointerplay.com\/?p=1491"},"modified":"2025-04-15T10:23:31","modified_gmt":"2025-04-15T08:23:31","slug":"andy-chichester-galicia-encontro-carballo-interplay","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/andy-chichester-galicia-encontro-carballo-interplay\/","title":{"rendered":"Andy Chichester, o estadounidense m\u00e1is querido pola comunidade dixital de Galicia, visitar\u00e1 o Carballo Interplay"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-weight: 400;\">Un fogar para a creaci\u00f3n dixital galega. Esa \u00e9 unha das definici\u00f3ns do <\/span><b>Carballo Interplay<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, que na s\u00faa <\/span><b>XII edici\u00f3n <\/b><span style=\"font-weight: 400;\">segue <\/span><b>apostando polo talento galego<\/b><span style=\"font-weight: 400;\"> programando podcast e programas de tendencia na comunidade. Nesta edici\u00f3n, que ser\u00e1 <\/span><b>do 24 ao 27 de abril no Mercado de Carballo<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, demostrar\u00e1 tam\u00e9n como a comunidade dixital de Galicia non ten fronteiras con un<\/span><b> encontro co mestre de Nova Iorque Andy Chichester, un \u201cianquie de alma galega\u201d<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, como el mesmo se define. Chichester quedou prendado de Galicia desde unha visita que fixo fai anos, na s\u00faa etapa de estudante de filolox\u00eda espa\u00f1ola, e <\/span><b>\u00e9 dos membros m\u00e1is queridos da comunidade dixital galegofalante<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, un exemplo de <\/span><b>defensa da lingua<\/b><span style=\"font-weight: 400;\"> que sae do com\u00fan. Na s\u00faa conta de X, @chibarinclub, e na canle de Youtube Mira Quen Fala Galego comparte v\u00eddeos nos que fala de diversos temas en galego. O Carballo Interplay ser\u00e1 o espazo para desvirtualizar a Chichester, que viaxar\u00e1 desde Estados Unidos para <\/span><b>falar co actor Federico P\u00e9rez sobre a s\u00faa experiencia como neofalante <\/b><span style=\"font-weight: 400;\">e o seu compromiso coa cultura galega.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O Carballo Interplay ten un papel vital a nivel galego \u00e1 hora de apoiar e impulsar aos novos creadores e creadoras. Un exemplo disto \u00e9 o <\/span><b>videopodcast O Faiado<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, proxecto creado en 2023 por estudantes de xornalismo e comunicaci\u00f3n audiovisual, para comentar a actualidade sobre a cultura pop, galega e internacional sempre desde o humor. Na pasada edici\u00f3n ga\u00f1aron o <\/span><b>premio a Mellor Canle Dixital en Galego e no mesmo ano o Premio Revelaci\u00f3n en Youtubeiras<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">. Agora volven ao festival na xornada do venres, no marco da Zona Pro, para que o p\u00fablico goce da gravaci\u00f3n en directo dun dos videopodcast m\u00e1is en tendencia da comunidade.<\/span><\/p>\n<p><b>O primeiro videoxogo comercial galego ou un obradoiro sobre educaci\u00f3n dixital entre a programaci\u00f3n do xoves 24 de abril<\/b><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">A historia dos videoxogos en Galicia, a s\u00e1tira social e pol\u00edtica e a educaci\u00f3n no \u00e1mbito dixital marcar\u00e1n a xornada do xoves 24. Durante a ma\u00f1\u00e1 o p\u00fablico, no que estar\u00e1n escolares e universitarios, te\u00f1en o <\/span><b>obradoiro \u201cKit de autodefensa dixital\u201d con Fembloc<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, un obradoiro pensado para <\/span><b>visibilizar as tendencias machistas na rede e dar ferramentas para combatelas<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">. A privacidade en li\u00f1a, o control das imaxes \u00edntimas ou privadas, e como responder en casos de control e vixilancia. As\u00ed, o alumnado aprender\u00e1 a controlar a informaci\u00f3n que comparte ou crear contrasinais fortes dunha forma did\u00e1ctica e f\u00e1cil de comprender.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Por primeira vez o Carballo Interplay indagar\u00e1 tam\u00e9n no <\/span><b>universo dos videoxogos<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, un \u00e1mbito esencial na historia do audiovisual galego e m\u00e1is contando en Galicia co <\/span><b>primeiro museo aberto en Espa\u00f1a adicado \u00e1 s\u00faa historia, o MUVI<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, un proxecto da Fundaci\u00f3n Museo do Videoxogo de Galicia. No Interplay reivindicar\u00e1n o videoxogo como medio de comunicaci\u00f3n, expresi\u00f3n e creaci\u00f3n, as\u00ed como unha <\/span><b>ferramenta educativa no sentido m\u00e1is amplo da palabra<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, nun panel no que repasar\u00e1n tam\u00e9n a s\u00faa historia en Galicia po\u00f1endo o foco en <\/span><b>The Wall<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, o primeiro videoxogo comercial da comunidade.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">As webseries tam\u00e9n contar\u00e1n con espazo nesta xornada. Por unha banda coa <\/span><b>proxeci\u00f3n dos dous primeiros cap\u00edtulos de Dieciocho<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, unha produci\u00f3n de RTVE coa que rompen cos prexuizos sobre os migrantes. Durante a tarde o p\u00fablico gozar\u00e1 de varias obras da Secci\u00f3n Oficial e da <\/span><b>estrea de Delirio Sketches<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, o proxecto ga\u00f1ador na pasada edici\u00f3n do Premio \u00e1 Produci\u00f3n de Contido Dixital en Galego.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O d\u00eda rematar\u00e1 cunha grande dose de risas da man de <\/span><b>Non Sa\u00edmos do Lixo, un fen\u00f3meno revelaci\u00f3n na rede que levar\u00e1 os seus sketches ao vivo<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">. Un espect\u00e1culo que ser\u00e1 un laboratorio de comedia por onde pasar\u00e1n alg\u00fans dos seus cl\u00e1sicos e se probar\u00e1n novos personaxes e sketches. Entre as s\u00faas caras m\u00e1is co\u00f1ecidas at\u00f3panse Denny Horror, Susana Sampedro, Cata Ukelele ou Marta Doviro.<\/span><\/p>\n<p><b>Facu D\u00edaz e Miguel Maldonado ou o videopodcast \u201cKeep ir cutre\u201d chegan a Galicia<\/b><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O Carballo Interplay xa publicou a s\u00faa programaci\u00f3n de shows.<\/span> <span style=\"font-weight: 400;\">O d\u00fao formado por <\/span><b>Facu D\u00edaz e Miguel Maldonado<\/b><span style=\"font-weight: 400;\"> tomar\u00e1n os mandos da <\/span><b>secci\u00f3n habitual do festival \u201cRajando con\u2026\u201d <\/b><span style=\"font-weight: 400;\">na noite do venres, coa s\u00faa xenuina <\/span><b>mestura de s\u00e1tira pol\u00edtica, humor e improvisaci\u00f3n<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">. Outro dos espect\u00e1culos habituais do Carballo Interplay \u00e9 o<\/span><b> CFA -C\u00f3digo Fonte Audiovisual- que nesta ocasi\u00f3n presentar\u00e1 o escritor e guionista Bob Pop<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">.\u00a0 Tam\u00e9n no s\u00e1bado pasar\u00e1n polo Mercado de Carballo <\/span><b>\u00c1ngela Henche e Albanta San Rom\u00e1n<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">, presentadoras do <\/span><b>podcast \u201cKeep it cutre\u201d<\/b><span style=\"font-weight: 400;\"> un programa que nace das s\u00faas charlas do d\u00eda a d\u00eda cunha gran dose de humor tocando <\/span><b>temas relacionados co sentir da xeraci\u00f3n millennial<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">.\u00a0 A <\/span><b>crise da vivenda<\/b><span style=\"font-weight: 400;\"> \u00e9 un dos grandes temas na axenda diaria e chegar\u00e1 tam\u00e9n \u00e1 nova edici\u00f3n do Carballo Interplay da man da <\/span><b>c\u00f3mica Ana Polo<\/b><span style=\"font-weight: 400;\">. No espect\u00e1culo <\/span><b>\u201cAqu\u00ed no hay quien viva\u201d<\/b><span style=\"font-weight: 400;\"> Polo seguir\u00e1 o formato de El Precio Justo para falar xunto ao p\u00fablico do prezo ao que se atopa a vivenda en Galicia.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O festival est\u00e1 organizado polo Concello de Carballo e Turismo de Carballo co apoio da Deputaci\u00f3n de A Coru\u00f1a e AGADIC.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un fogar para a creaci\u00f3n dixital galega. Esa \u00e9 unha das definici\u00f3ns do Carballo Interplay, que na s\u00faa XII edici\u00f3n segue apostando polo talento galego programando podcast e programas de tendencia na comunidade. Nesta edici\u00f3n, que ser\u00e1 do 24 ao 27 de abril no Mercado de Carballo, demostrar\u00e1 tam\u00e9n como a comunidade dixital de Galicia&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":1492,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[215,219,223,217,221],"class_list":["post-1491","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-andy-chichester","tag-carballo-interplay","tag-non-saimos-do-lixo","tag-novas","tag-o-faiado"],"acf":[],"lang":"gl","translations":{"gl":1491,"es":1495,"en":1502},"pll_sync_post":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1491","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1491"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1491\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1494,"href":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1491\/revisions\/1494"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1492"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1491"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1491"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/arquivo.carballointerplay.com\/cip25\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1491"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}