SÁBADO 9 | 18:00

THE ELECTRIC WIZARD
O MAGO ELÉCTRICO e O TRITURADOR CÓSMICO deciden pasar un día tranquilo no parque de atraccións local, ‘MUNDO THRASH’. O MAGO queda prendado inmediatamente pola súa rematada brutalidade e autenticidade metalera. Con todo, a súa diversión vese interrompida cando o dono do parque temático, O DEUS DO THRASH, decátase de que perdeu o título de TÍO MÁIS BRUTAL DO LUGAR. Presa dun ataque de rabia, O DEUS DO THRASH disponse a ir a pola cabeza do MAGO…
IRLANDA


A FILLA DO COMUNISTA
No apoxeo dos anos oitenta de Reagan, a filla dun adorable marxista verase nun dilema entre encaixar no seu novo instituto e defender as idealistas conviccións do seu pai.
CANADÁ

A FOTO
Tras atopar unha estraña foto no seu teléfono móbil, un mozo comeza a documentar unha serie de sucesos estraños a través do seu perfil de Instagram.
ESPAÑA

1 DESES DÍAS
1 deses Días” segue un día na vida de Mumi, unha moza que se propón chegar a unha festa pero que, polo camiño, pasaranlle unha serie de eventos que se asemellan a unha carreira de obstáculos.
ARXENTINA

MITCH-MATCH
Hai un só misto na caixa. O misto, ese obxecto mundano, é o protagonista da serie MITCH- MATCH. O personaxe principal é un misto de bordo azul que marcha nunha viaxe en cada episodio e que sempre volve á súa caixa ao final dunha chea de aventuras estrañas, divertidas e enxeñosas. Un só misto, un obxecto fácil de usar, e ao mesmo tempo unha oportunidade para a experiencia creativa que evoque o mundo de fantasía que todos levamos dentro.
HUNGRÍA