GAÑADORA DO MELLOR PROXECTO DE SERIE WEB NO 2022
Estamos no ano 2022 despois de Cristo, todas as mentes de Castrolobos están infectadas polas ideas do cacique Antonio do Pazo. Todas? Non! Ainda existe un grupo de rapazas e rapaces irreductibles e valentes que resisten, agora e sempre, ao invasor.
“Mentres non chova” é unha webserie satírica e thriller xogando coas características e arquetipos deste xénero. Esta webserie está situada en Castrolobos, unha pequena vila do interior de Galicia na que a principal fonte de ingresos é o turismo. A vila está gobernada por Antonio do Pazo, o cacique local e magnate do turismo, que planea construír unha cúpula que cubra a vila para aumentar o atractivo turístico da zona de cara aos madrileños. Este proxecto chega aos oídos de Ceive, un colectivo lucense que lle pasa a información a Xuventude e Rebeldía, un grupo de mozos galegos que levan á cabo accións de protestas contra o cambio climático e contra as desigualdades sociais. Este grupo, liderado por Sabela, en colaboración con Ceive, intentará frustrar os maléficos plans do cacique.

A historia cóntase dende o punto de vista do espía, un membro do CNI contratado por Do Pazo, que sospeita que Sabela e o resto do grupo poden intentar frustrar os seus plans.
Ficha artística: Carla Mojón, Pablo Fernández, Adrián Valdés, Andrea Sanmartin, Eduardo Sevillano, Andrea Peiteado, Estrella Iglesias
Ficha técnica:
Dirección: Luiza Velizarova
Guión: Carla Mojón e Xiana Rei
Dirección de fotografía: Antón Carral
Axudante de dirección: Carolina Cunqueiro
Operador de cámara: Antón Carral e Nuria Lamanna
Montaxe: Falling Zeke
VFX: Falling Zeke
Produción executiva: Luiza Velizarova
Dirección de produción: Pablo Fernández
Música: Kaloyan Donev
Sonido: Arón Arias
Dirección de arte: Nerea Alcalá