Venres 5 de abril
Mercado de Carballo
23:30

Un mundo sin
Arxentina, 2024
Un mundo sen é unha mini serie web na que imaxinamos como sería o mundo se non existisen algunhas das cousas máis básicas coas que convivimos: dende as escaleiras ata o diñeiro, pasando pola gravidade, a dor ou as decisións.

Pulp Air
Galicia, 2024
Na porta número 24 do pequeno aeroporto de Carballo está Pulp Airlines, a compañía aérea máis excéntrica e galega de todo o firmamento.

The struggle for existence
Dinamarca, 2023
Como afrontar as loitas da masculinidade moderna? A quen vas cando tes dúbidas? Como sabes se debes afogar á túa moza?

Historia mal
España, 2024
Momentos históricos “extraídos da memoria”. Un pouco de “Improvisación histórica” animada, máis “improvisación” que “histórica”. Todo isto ocorreu tal e como di na Wikipedia; quizais con menos humor, pero tampouco moito menos.

Lowbudget
República Checa, 2023
O cineasta Richard fai todo o (im)posible para facer a súa película de éxito.

Content Farm
Canada, 2023
Dous robots maliciosos ensínanse a si mesmos a ser humanos en internet. Nada é orixinal, e os clics son o rei. A ficción especulativa atópase coa comedia incómoda, desencadeando a catástrofe.