Domingo 7 de abril
Mercado de Carballo
18:30
Os finalistas deste premio a proxectos de contido dixital en galego que convoca o Concello de Carballo terán que defender as súas propostas diante dun xurado composto por Xose Regueira (Concelleiro de Turismo e Promoción económica do Concello de Carballo), Sandra Lesta (Carballo Interplay) e Rosalía Quiroga (gañadora da anterior edición do pitching de proxectos) e Oscar Cruz (guionista).
Os proxectos finalistas terán 10 minutos para defender a súa proposta e agárdaos un premio de 3000€ para a produción do seu proxecto.
Estes son os catro proxectos finalistas:

O CAROZO
Webserie de ficción
Kiki, persoa non binaria, acaba de pasar por unha operación de mastectomía e loita pola súa propia aceptación tanto física como identitaria. Nun intento de desconexión, a súa nai lévalle a pasar todo o verán á aldea. Ao haber só natureza, Kiki é el mesmo. Ninguén lle mira, ninguén nota a súa presenza; excepto Xoán, o seu mellor amigo da infancia. El si pode ver o carozo que hai no seu interior sen importar o aspecto físico.
Dirección: María Aragón
Guión: María Aragón
Produción: Gloria Tavares
Reparto: Agathe Vandeycken, Raúl Casal.

CANTA O XOGO
Divulgativo musical sobre videoxogos
Cal sería o videoclip do Street Fighter II? Que diría Lara Croft se compuxese unha canción? E se o titorial dun xogo de rol como o Final Fantasy fose un musical? As respostas están en “Canta-o-xogo”, unha serie de vídeos musicais nos que daremos a coñecer a historia de videoxogos clave da historia a través de cancións que misturan o humor, divulgación e ritmazo!
Dirección, realización e composición musical: Iago Gordillo
Intérpretes: Nuno Pico, MJ Pérez, Caamaño&Ameixeiras.

ECOS DUN VERÁN
Webserie híbrida de ficción e ensaio
No seu 34 aniversario, Loaira decide revisitar uns videos que gravara durante un verán fai anos, a través dos cales reflexiona sobre quen era ela naquel momento. No seu arquivo persoal queda patente que non todo o mundo a percibía da mesma forma, e a Loaira do pasado ten que lidiar con estas conflictivas versións de si mesma, levándoa a plantexarse: quen é ela realmente?
Dirección: Álex Tajuelo, María Rego
Guión: Álex Tajuelo, María Rego
Produción: Álex Tajuelo, María Rego

DELIRIO SKETCHS
Webserie híbrida de ficción e ensaio
Os Delirio Sketchs, son tres capítulos autoconclusivos de entre dez e quince minutos de duración, cargados de intensidade e humor febril, nos que se abordan desde o surrealismo os grandes temas que preocupan hoxe en día á xuventude (o cambio climático, a identidade, o ínfimos que somos no universo). Cunha mistura de coreografías, cancións, reportaxes e cameos estelares da cultura underground, os múltiples sketchs misturan linguaxes e funcionan como parte dun todo, como diferentes espellos do caleidoscopio que é a nosa realidade como galegas.
Dirección: Bea Saiáns
Guión: Bea Saiáns
Produción: Saraya Vilela
Reparto: Marinita y sus maromas, Laura Merchan. Javier Sánchez, Mario Brión.